Mi lista de blogs

Hungry monkeys


   Estamos a media mañá e é a hora de merendar. Os nosos amigos Monkey, Cheeky monkey, Baby monkey e Cookie van compartir two bananas. Seguro que nos lles duran nin cinco segundos. Espero que estes días vos estedes alimentando ben. Como de seguro é así, hoxe póñovos de premio unha das vosas cancións favoritas sobre as comidas. Non esquezades decir "Yes, I do " se vos gusta ou "No, I don´t " se é ao contrario.



   Non probedes a facer estas extrañas combinacións na casa jjjj. Iso si, felicitade a papá ou a mamá se vos gusta a súa comida dicindo coma no cole "yummy yummy to my tummy". 

   Recordámolo con outra canción?




   Espero que estes días non vos esquezades de comer pezas de froita. Anímovos a decilas in English a toda a familia. E para reforzar o vocabulario da froitas e as comidas en inglés, que mellor que a historia da oruga mais larpeira que coñecemos "The very hungry Caterpillar" de Eric Carle. Déixovos disfrutar con ela, que un contiño senta ben a calquera hora do día.





   Xa queda menos, moito ánimo!!!

Having a bath


   Estes días que estamos na casa, parece que da un pouquiño de preguiza seguir cos hábitos de hixiene de todos os días. Para animar aos mais peques a que disfruten dun bo baño e o fagan dun xeito lúdico, propóñovos  que lles poñades antes esta canción e os mais atrevidos/as cantédela con eles unha e outra vez. É un bo xeito de repasar as partes do corpo en inglés.



   E si quedades con ganas de seguir practicando e vos apetece outra cancionciña do corpo con mais movemento, invítovos a cantar e interpretar a supercoñecida (e unha das nosas favoritas) Head, shoulders, knees and toes. Nós cantámola no cole a primeira vez slowly (amodiño) e a segunda very fast ( moi deprisa). Esta segunda rolda failles moita graza porque non damos feito jjjj.


   Unha aperta virtual e moito ánimo familias. 

Keeping fit with Easter Bunny

      Hello everybody! Levamos xa dez días na casiña e supoño que perdemos un pouco a conciencia do tempo, pero cada vez queda menos para Pascua e o noso coelliño xa está preparando eses deliciosos ovos que esperamos con ilusión.

   Como seguramente estades saturados de debuxos e actividades, hoxe vouvos propoñer a toda a familia que vos manteñades en forma coas indicacións do noso Easter Bunny. De seguro que despois dun pouco de actividade física xuntos, o ánimo mellora.

   Para os/as mais esixentes deportivamente, probade a facela unha e outra vez. Espero que pasedes un rato agradable ao tempo que os/as vos@s fill@s aprenden accións de movemento en inglés.
   Velahí vai!



More routines: Numbers


   E seguimos coas rutinas da aula. Cada día decimos quen está e quen non no cole  cunha canción e contamos os nenos e nenas que hai. Hoxe vouvos proponer ás familias que vos animedes a escenificar e cantar con eles a nosa canción favorita para aprender a contar ata dez. Son os monstros bracilongos que nos dan vidilla  e nos manteñen activos.


   E por suposto tamén practicamos cómo contar cara atrás coa axuda dos nosos "monkeys" gamberretes que non saben que non se debe saltar na cama.


   Como xa é a hora do almorzo e parece que na casa entra mais fame, velahí outra cancionciña mais de "numbers" coa que nos imos familiarizando con cantidades maiores coas nosas mascotas.


   Hoxe o día vai mais musical que luce o sol e da ánimo nestes días difíciles. A ver se se animan os meus "monkeys" e vos mandan un saudiño virtual un destes días. 

   A big hug families/ una aperta enorme familias.

Daily routines in English


   Durante estes días que os vosos/as pequenos teñen que estar na casa, quero achegarvos ( na medida do posible) ás rutinas que a cotío seguimos na clase de inglés. Hoxe imos empezar polo tempo que vai / What´s the weather like? ou How´s the weather? que é a fórmula que empregamos nós.

   Entre todos/as decimos o tempo que vai e o encargad@ coloca no taboleiro o símbolo que temos para tal fin. Logo cantamos conxuntamente a canción que vos colgó a continuación, que ten un enorme éxito polos animaliños que saen voando e mais oPapá Noel. Invítovos a cantala con eles e a que os/as animedes a construir o seu propio recuncho de símbolos metereolóxicos. 

   Poden colorear este que vos presento ou construir un weather spinner co que poderedes interactuar.








Aquí tedes os vídeos da nosa canción favorita e mais de cómo facer un weather spinner:




   Seguirei colgando mais recursos. Unha aperta virtual e moito ánimo!



Countdown to Easter


   Comezamos a conta atrás para unhas datas que os cativos/as esperan con ilusión: Easter/Pascua. O motivo fundamental é a esperada visita do coelliño de Pascua/ Easter Bunny e a esperanza de recibir os deliciosos Easter Eggs de chocolate.

   Estes días previos ao forzado parón, xa anticipamos algo na clase. A motivación é fundamental na aprendizaxe. Qué mellor maneira de meternos no ambiente que visionando o trailer  de Peter Rabbit, o coello mais travieso e ocurrente. Non se cansan de velo.


   Déixovos unha ficha de Easter por si queredes imprimila e que a coloreen para que, na medida do posible, os nenos/as se sintan como na escola. 





 

 Irei colgando cancíons e mais actividades durante estes días. Ánimo a todos e todas e un saúdo.

Women´s International Day!


  O día 8 de marzo celebramos o Día Internacional da muller e no C.R.A. de Bergondo decidimos que tratándose de cativos/as destas idades, que mellor xeito de facelo que destacando mulleres que xoguen un papel importante para nós. Na clase de inglés (por unanimidade) falamos da nosa escritora favorita: Julia Donaldson.

   Fixemos unha exposición dos libros que contamos desta escritora e eleximos cada un/ha o que mais nos gustou.





Eleximos entre todos/as, investigando na súa bibliografía, un novo conto adaptado ao proxecto: The Snail and the Whale.


   Fascinounos!!!

   Déixovos o enlace ao trailer desta historia que nos traslada, cunha gran riqueza de detalles, a distintos lugares do mundo e que tamén nos fala de conciencia ecolóxica.







Por si queredes imprimila, esta é a ficha do conto que imos colorear.


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...