Mi lista de blogs

Carnival


Ainda que a festa de antroido non é propia dos países de fala inglesa (eles celebran o Halloween e un pequeno “carnival” no verán) nós deixámonos contaxiar da alegría que transmite esta celebración e vimos nas pantallas das diferentes escolas unha historia na que Monkey e os seus amigos se disfrazaban no cole de “pirate, clown, crocodile and fairy”.
Cheeky Monkey e Monkey disfrazáronse de indios, cantamos con eles unha canción (one, two, three Little indians) e elaboramos unha ficha na que eles eran os protagonistas.
Como colofón “on Friday” (o venres) particiamos nas festas das escolas e disfrutamos un montón.





It's snowing (está nevando)





O título desta entrada é mais un desexo de todos os nen@s do C.R.A. que unha realidade, pero como adoecemos por ver nevar realizamos esta actividade de plástica coa que reforzamos o vocabulario do material empregado (glue, scissors, crayons,...), intruccións (cut out, stick, colour, write...) e as prendas de inverno (hat, scarf, boots, coat, gloves/mittens...). Disfrutamos un montón e o resultado foi ben colorido.


Learning English with Peppa Pig (aprendendo inglés con Peppa Pig)




Como o frío non nos abandona, seguimos aprendendo cousas do inverno en inglés e que mellor xeito de facelo que coa nosa amiga Peppa Pig e a súa familia. Seleccionamos o capítulo “Cold Winter day” (un día frío de inverno) que vimos e escoitamos nas pantallas, realizamos traballos e algúns ata nos animamos a facer una pequena dramatización. Recomendo estes debuxos xa que os capítulos son cortiños, moi motivadores e a pronunciación é moi clara (BBC English).

 Pinchade na imaxe para acceder ao capítulo











 




Having fun in English (divertímonos en inglés)


Na clase de inglés utilizamos as cancións como un dos recursos máis motivadores e fructíferos á hora de aprender esta nova lingua.
Cal son os motivos do seu uso?
-Desenrolan o ouvido,  que é o primeiro e un dos pasos máis importantes na aprendizaxe dun idioma.
- Con elas os nen@s aprenden a pronuncia e a entonación dun xeito natural.
- Facilitan a aprendizaxe de palabras novas xa que son repetitivas.
- Son divertidas e contan coa aceptación dos alumn@s. Gozan co ritmo e permítelles un tempo de expansión e de actividade física, moi necesaria.
- Os nen@s de diferentes idades poden sumarse e disfrutar, o que lles axuda a sentirse con máis confianza e seguridade.
- Se a un nen@ lle gusta unha canción, cantaraa unha e outra vez e non so dentro da aula.
Por todos estes motivos as cancións “songs” xogan un papel moi importante dentro da clase de inglés. Xa vos fomos amosando algunhas das nosas favoritas e hoxe, queremos que escoitedes “Round and round” unha adaptación dunha canción tradicional británica, que empregamos fundamentalmente como xogo de roda (á vez que aprendemos) e que nestes días de frío axúdanos a entrar en calor.






Peace (Paz)



O próximo día 30 celebramos o Día da Paz e dende a clase de inglés tamén quixemos aportar o noso graniño de area para conmemorar esta data. Escribimos entre todos a palabra “Peace” e fixemos  debuxos cooperativos que formarán parte dun libro da Paz no que participan todas as escolas do C.R.A. 






Winter (inverno)




As temperaturas axudan estes días. Mirade que abrigadiños vimos ao cole.


Deste xeito temos ocasión de nomear as prendas de inverno en inglés.  Cheeky monkey (vestido para o frío) foi ao parque co seu amigo Rory e seguimos as súas aventuras nas pantallas das nosas aulas. Secuenciamos as distintas partes da historia e fixemos fichas, algunhas moi divertidas, con pegatinas e todo.










It´s cold (vai frío)



Por fin chegou o inverno, pero a nós pillounos preparados. Vese que os Reis Magos trouxeron este ano roupa de abrigo para tod@s e tamén á familia Monkey. Deste xeito podemos aprender en inglés dun xeito significativo algunhas prendas de inverno: hat, scarf, jumper, coat and gloves. E como non, disfrutar coas aventuras de Cheeky. 





Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...