Estes días iniciamos a unidade da familia en inglés. Cheeky Monkey acudiu ás escolas do C.R.A. cos seus irmáns e aproveitamos para practicar “my brother is…”.Vimos unha historia na pantalla dixital na que se presentaban os distintos membros da familia: mummy, daddy, brother and sister. Verbalizamos os da nosa e realizamos traballos nos “books” (libros) algúns moi divertidos xa que levaban pegatinas.
Mi lista de blogs
Rain song
Como no outono en Galicia “It´s raining and raining” e moitas veces non podemos xogar no patio no recreo, decidimos buscar unha canción para espantar á choiva e que nos deixase disfrutar tranquilos. Fixemos unha adaptación dunha xa coñecida e mirade que ben nos quedou.
Weather song
Como neste C.R.A. somos moi cantareir@s tamén temos unha canción en inglés para cando chove, adaptada a cada escola. Estes días de outono temos moitas ocasións para facelo.
Ademais aproveitando que Cheeky Monkey foi algo traviesiño e andivo a saltar nos charcos, fixemos esta ficha coa que aprendemos ou repasamos o vocabulario da roupa de choiva: boots, raincoat e umbrella (botas, chubasqueiro e paraugas).
Mirade o resultado:
Story time (a hora do conto)
Durante as sesións de inglés sempre temos un tempo adicado aos contos que iniciamos coas palabras para captar a atención e crear un clima axeitado:
“One, two, three look at me
One, two, three listen to me
One, two, three sssssssssssh...”
Estes días nas distintas escolas do C.R.A., estamos a disfrutar cun contiño dunha bruxa, que Cheeky Monkey e eu mercamos en Londres pensando en tod@s vós. Aproveitando a motivación despertada pola celebración de Halloween tamén cuñamos os nosos traballos cun “stamp” moi especial dunha “witch” coa súa “pumpkin”.
Da gusto velos metidiños na historia e que ben colorean ás personaxes do conto.
Canción das presentacións
Esta é a canción que usamos para ver que compañeiros/as están na clase. Mirade o ben que o pasamos :
Cancións das rutinas
Nas clases de inglés traballamos moito de xeito oral e lúdico por medio das cancións. Hoxe traemos unha das que usamos nas rutinas diarias : a dos días da semana . Como podedes ver, encántalles e aprenden dun xeito moi divertido.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




