Mi lista de blogs

Rain song



Como no outono en Galicia “It´s raining and raining” e moitas veces non podemos xogar no patio no recreo, decidimos buscar unha canción para espantar á choiva e que nos deixase disfrutar tranquilos. Fixemos unha adaptación dunha xa coñecida e mirade que ben nos quedou.

Weather song

Como neste C.R.A. somos moi cantareir@s tamén temos unha canción en inglés para cando chove, adaptada a cada escola. Estes días de outono temos moitas ocasións para facelo.
Ademais aproveitando que Cheeky Monkey foi algo traviesiño e andivo a saltar nos charcos, fixemos esta ficha coa que aprendemos ou repasamos o vocabulario da roupa de choiva: boots, raincoat e umbrella  (botas, chubasqueiro e paraugas).

Mirade o resultado:








Story time (a hora do conto)

Durante as sesións de inglés sempre temos un tempo adicado aos contos que iniciamos coas palabras para captar a atención e crear un clima axeitado:

“One, two, three look at me
One, two, three listen to me
One, two, three sssssssssssh...”

Estes días nas distintas escolas do C.R.A., estamos a disfrutar cun contiño dunha bruxa, que Cheeky Monkey e eu mercamos en Londres pensando en tod@s  vós. Aproveitando a motivación despertada pola celebración de Halloween tamén cuñamos os nosos traballos cun “stamp” moi especial dunha “witch” coa súa “pumpkin”.
Da gusto velos metidiños na historia e que ben colorean ás personaxes do conto.












Canción das presentacións

Esta é a canción que usamos para ver que compañeiros/as están na clase. Mirade o ben que o pasamos :



Canción dos saúdos

Con esta canción aprendemos a saudar :


Cancións das rutinas

Nas clases de inglés traballamos moito de xeito oral e lúdico por medio das cancións. Hoxe traemos unha das que usamos nas rutinas diarias : a dos días da semana . Como podedes ver, encántalles e aprenden dun xeito moi divertido.






Comeza un novo curso con Cheeky Monkey !

Como todos sabedes, durante o último trimestre eu marchei a Londres a perfeccionar a miña competencia lingüística en inglés, pero non fun soa...acompañoume Cheeky Monkey, que está desexoso de contarlle a todos os nenos e nenas as súas vivencias aló.Velahí van algunhas fotos que nos fixemos nos lugares máis típicos.




No Big Ben




   Na cabina de teléfono 
   vermella



Xunto ao típico bus londinense



 

                       Trafalgar Square




Cun soldado de 
Buckingham Palace


 










e tomando o té !!

















Acabáronse as vacacións e toca voltar ás aulas. Xúntanse as poucas ganas de madrugar coa ilusión e os nervios de ver outra vez aos amigos e coñecer a novos compañeiros.
Quen estaba realmente emocionado por empezar o cole (xa que era a súa primeira vez) foi "Cheeky Monkey".
Todos coñeciamos xa ao seu irmán "Monkey" que o acompañou os primeiros días a todas as escolas para presentarlle aos que xa eran os seus amigos e aos que guiou na aprendizaxe da súa lingua : o inglés. 
Entre os dous cantaron a canción dos saúdos "Good morning"








E aquí temos máis imaxes destes primeiros días de escola :




Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...