Empezamos o mes de febreiro cun conto dun autor que nos apaixoa, Nick Sharrat e a súa divertida historia dun neno ao que lle regalan un telescopio e decide ir co seu pai probalo no parque. A súa tremenda imaxinación fai que vexa "sharks" por todas partes, pero as apariencias ás veces son enganosas.
Disfrutamos moito con el no cole. Para tod@s aqueles/as que non poidestes estar na aula, deixovos un vídeo narrado por unha rapaza que o fai mellor ca min jjjj.
Se queredes podedes colorear esta ficha que eu debuxei, engadindo detalles do fondo mariño.
E se vos sentides con ganas de "craft activities" nós elaboramos estas diademas de "shark" terroríficas:
Para despedir esta entrada de blogue adicada aos "sharks" recupero un anaquiño do bonito conto de Julia Donaldson " The Snail and the Whale" no que ambos sufrían os ataques de "sharks" nas profundidades mariñas.