Mi lista de blogs

Healthy food vs junk food


   Good morning children! Today is friday e con el chega a fin de semana. Gustouvos o conto de Norman? Qué contentiño ía co donut ao lombo para pasar por un "snail" jjjj Menuda ocurrencia! Realmente tiña unha pinta deliciosa, pero sabemos que os donuts non son nada "healthy" saudables. Vós seguro que vos alimentades moi ben para medrar fortes e sans. Recordades a canción que tanto nos gustaba no cole de Do you like broccoli? Pois hoxe vouvos presentar outra versión a ver qué vos parece. Non esquezades dicir "Yes, I do" se vos gusta a comida e "No, I don,t" se é que non.



   "In English" chamámoslle "healthy food" á comida sana e "Junk food" á comida basura. Para ter unha dieta equilibrada temos que comer moita froita, verduras, peixe,...e non abusar das chuches.

    Hoxe imos ser cociñeiros/as e preparar as nosas propias brochetas con "fruit" que vos parece? 



    Víchedes qué sinxelo. Pois poñédevos mans á obra e non esquezades lavar as mans.


   Bueno amiguiños/as os venres non toca traballar moito, pero recordade visitar as entradas anteriores durante a finde. Pasádeo moi ben e sede boíños e boíñas. Despídome cunha canción moi relaxante dun "lemon tree" limoeiro, coma o que temos na escola de Vixoi. Ata luns! See you on Monday!


Norman the slug with the silly shell



   Hello children! Today is rainy. Parece que cando chove apetece mais quedar no sofá cun bo conto, non si? Pois eu hoxe vouvos contar unha das historias mais entrañables que coñezo. É a historia de Norman, una babosa ou lesma "slug" (in English) que quería ser caracol e xogar con tod@s eles. A vós pasouvos isto algunha vez?Non que quixérades ser caracol jajajaj, senon ser alguén diferente, poder voar, ou ter superpoderes. Pois entón entenderedes a Norman. 



   Mirade cántas historias e aventuras podemos vivir se temos imaxinación e ilusión.

   Gustouvos o conto? É precioso a que si. Acordeime del despois de ver as sombras do xogo de Rock, Scissors, Paper de onte.



 Vaia ocurrencia a de utilizar ese donut con esa pintaza para ser un Snail/caracol. Ainda que o mellor de todo é cando usa os calzoncillos para ser un "bird" jjjj



Os/as ingleses dirían "oh my god" (como dicimos no cole) que ven sendo mi madriña querida jjjjj





   Podemos facer un montón de actividades plásticas con este conto tan bonito de Sue Hendra e ilustrado por ela e Paul Linnet. As ilustracións son chulísimas e con tanta cor..! Animádesvos a ser vós ilustradores/as e facer un debuxo do conto? Senón sempre podedes colorear nesta ficha que tamén é moi relaxante.



   Os/as mais observadores/as veríades que hai outro conto en pequeniño na ficha, Barry o peixe que tiña dedos. Xa o temos pedido,jjjj. 

   Se tedes plasti na casa xogade a facer "snails" e para a "Shell" cuncha usade CDs vellos.


   Nós fixemos un "snail" moi colorido con platos de cartón e pintura de dedos.

    

   A idea sacámola dunha páxina moi chula artycraftykids.com

   A ver qué cousiñas chulas se vos ocurren a vós. Esta nena con axuda, fixo ata un disfraz de snail con cartón de refugallo.



   Bueno ruliños e ruliñas, ata mañá, coma sempre con mais sorpresas. Xa me contan as profes que estades seguindo moito os blogues e facendo un montón de cousas chulísimas. Moitas grazas aos papás e as mamás que con tanto cariño e paciencia vos axudan, pese ao traballo que teñen. Hoxe o aplauso é tamén para eles/as. 

   A big hug! See you tomorrow!




Rock Scissors Paper







   Good Morning children! Qué tal vos foi na vosa visita á granxa de MacDonald? Gustouvos o libro de Spot no tractor? De seguro que si, qué lindas todas esas crías. Hoxe pensando, pensando que vos podía apetecer, recordei esta canción coa que tanto nos divertiamos no cole: Rock, Scissors, Paper (pedra, papel, tesoiras). Querédela ver? Velahí vai.


  Podedes xogar con papá/mamá/irmáns e se están todos ocupados/as, probade a facer sombras coas mans a ver que animaliño vos sae. Precisades un foco de luz e algo de escuridade.

   Recordade preguntar en inglés "What is it?" a ver se volo adiviñan como no vídeo da canción.



E contestamos "It´s a.."



                                            Butterfly






                                                 Snail


Crab



                                                     Lion


   Tamén podemos xogar a contar os nosos "fingers" e sumar cos monstruos bracilongos. Veredes que doado é.



   Somos grandes matemátic@s a que si? Pois imos practicar un pouquiño mais. Colorea as "hands" e o número de dedos en total. Se non podes imprimir a ficha, non pasa nada, xoga na pantalla a sumar e a dicir o número. Esta ficha é para maiores.


   Para os "menos maiores" propóñovos esta:


Como sodes uns/has supercampions merecedes este Diploma de gañadores/as do xogo de Rock Scissors Paper. Escribide o voso "name" e a data e a colorear e presumir do título.


   Xa vai a metade da semana aló rapciños/as. Mañá voltaremos con mais diversión. A big hug! Unha aperta enorme! 






Spot´s noisy tractor




      Good morning children! Mirade qué libro tan chulo nos trae hoxe Monkey. Como sabe que vos gustou tanto a entrada de onte dos animaliños da granxa/farm, sacou este da nosa biblioteca onde o traviesiño de Spot vai visitar unha de verdade. Cánto disfruta no tractor! Qué animais atopará?



   Veña que vos ensino eu o noso conto.


   Imos traballar un pouquiño. Qué vos parece?




   Coma sempre o traballo é voluntario. Na primeira ficha tedes que recortar, pegar e colorear para que cada animaliño teña o seu corpo completo. A segunda ficha é para os/as mais maiores. Trátase de colorear e logo fixándose nos nomes dos animais unilos na parte de abaixo. Se os/as menos maiores queredes facela pois moi ben, que sodes moi listiñ@s e non se vos pon nada por diante.

   E se preferides una actividade plástica, elexín esta do ciclo dun pitiño que me parece que vos pode gustar moito e seguro que tedes material na casa. Pinchade no enlace para ver o proceso.


   Pois espero estedes disfrutando de aprender tantas cousiñas chulas. Mañá voltarei con mais novidades. Unha aperta para toda a familia. See you soon!

Old MacDonald had a farm



   Hello girls and Boys! Qué tal a finde? Empezamos outra semaniña mais e ímolo facer con música. Despois duns días polas profundidades mariñas, hoxe imos visitar unha "farm" /granxa. A que apetece? Pois a mais famosa do mundo mundial é a de MacDonald. 



   Como sei que vos encantan os animais e que tedes a maioría mascotas na casa, estou segura que disfrutaredes moito con esta entrada. Mirade qué preciosidade as crías! Cantos nomes recordabades "in English"?




   Imaxino que se vos despistarían moitos despois de tantos días sin vernos, así que aquí vos deixo o enlace a un xogo de memoria para que se nos vaian refrescando. Pinchade no enlace para xogar cantas veces queirades.
   





https://www.freddiesville.com/games/farm-animals-memory-game/

   Outro repasiño? Veña vai!



   De seguro tendes gañas de traballar un pouquiño. Non é obrigatorio, pero como sei que vos encanta colorear, pois aquí tedes unha ficha na que ademáis tendes que unir cada animal coa súa sombra.




   Un biquiño moi grande children. Mañá voltarei con mais "surprises". See you tomorrow!

Sharks







   Hello children! Today is friday and cloudy. Levamos toda a semana con cousiñas do mar, e tanto nos metimos Monkey e eu nese mundo que ata nos animamos a pescar. Mirade a que montamos no sofá da sala. Animádesvos? Pedide permiso aos maiores da casa.





   Unha cousa levou a outra e ata gravamos a canción do neno/a que ía pescar e lle trababa o "fish"



   Fixestes a vosa "fishing rod" coas ideas que vos din onte? Non fai falla moito material e é ben divertido. Se tedes imáns pequenos dos que se pegan o xogo é moito mellor, pero xa vedes que se pode apañar cun clip ou co que teñades. 

   E non podíamos adicar estes días á vida no mar, sen falar dun animal que vos atrae e da algo de respeto a partes iguais. Si, si, é o "shark". Recordades que susto se levaba "Snail" cando viaxaba polas profundidades mariñas sobre a "whale" e lle amenazaban os tiburóns "sharks"? Non nos cansamos de velo, a que non?




   Pois igual agora querédeslle dar un meneíño ao corpo coa canción de "sharks" mais famosa no mundo mundial. Hai moitas versións, pero no cole esta era unha das que mais vos facía mover o esqueleto.




   E que tal xogar un pouquiño a ser un "hungry shark" /tiburón con fame ?



   Como hoxe é venres non imos facer ninguna ficha nin manualidade, pero si queredes estar entretid@s a finde...déixovos algunas ideas. Pinchade nos enlaces para ver as instruccións, ainda que si buscades "shark craft" atoparedes un milleiro de manualidades para elexir.





   Pois xa me despido de vós por hoxe. Que saibades que vos boto moito en falla. Un biquiño moi grande e a disfrutar da finde. Have a nice weekend!

Let´s go fishing!




      Good morning children! Imos seguir co tema dos peixes "fish", que da moito xogo. Algunha vez fostes pescar con mamá ou papá? Si é así, xa saberedes que lle temos que colocar un cebo no anzuelo para engañar ao "fish" e que crea que é comida de verdade, lanzar moi lonxe coa cana "fishing rod" e esperar a que pique. Parece que xa picou e se resiste a que o collamos. Dádelle con moita forza ao carrete.

   Mirade que problemiña tivo este neno un día que foi "fishing".





   Nós no cole viamos a versión do señor que ía en bote e pescaba con rede, Recordádela? Era unha das cancións que nos presentaba Cookie.

   Qué vos parecería facer vós a vosa propia cana de pescar para xogar e cantar a canción? Mirade qué ideas mais sinxelas. Non vos preocupedes se non tedes algún material con folios ou cartolinas recicladas podedes facer cousas chulísimas. 


















   Monkey e mais eu fixemos a nosa cun pao, goma eva e una cinta chula. Púxemola "purple" que non é moi boa para camuflar na auga, pero é que nos gustaba tanto...


      Por si preferides un modelo ou colorear unha gran captura, eu déixovos elexir.





      Un dos xogos mais divertidos para min e que nos axuda a centrar a atención é o memory. Queredes xogar cos "fish" de cores a formar parellas. Podédelos imprimir ou facer vós mesmos/as. 




  Espero que vos gustaran as actividades de hoxe. Xa me contaredes. Agárdovos mañá con mais novidades. Un biquiño e ata mañá Bergondiñ@s! See you!


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...