Mi lista de blogs

skeletons



Xa víchedes na entrada anterior algunhas das nosas cancións favoritas de Halloween, aquí vos deixamos a interpretación dos nenos e nenas de Vixoi do tema I´m skeleton, mirade que ben o pasamos ao tempo que aprendemos algunhas parte do corpo.




Ata a próxima!!! Enjoy!

Happy Halloween!


Esta semana pasada preparámonos para unha das festas que mais nos gusta: Halloween! Para iso elaboramos as nosas coroas con "pumpkins". Levounos o seu traballiño, pero fixemolo encantad@s.



Para ambientarnos e acompañar o noso "work" escoitamos e cantamos Pumpkin pumpkin song, coa que ademais nomeamos as partes da cara en inglés.




Xa estamos preparados para reclamar as nosas chuches.




Asemade gozámola con contos de witches como o da nosa bruxiña favorita Meg.




E un pouquiño desastre e nunca lle funcionan moi ben os seus "tricks". Pobriñas as súas amigas!!!

E aproveitamos a canción de este esquelete para perderlles o medo e dun xeito divertido coñecer algunhas partes do corpo "in English".




Anímovos a cantar cos vos@s fill@s. Happy Halloween!!!

Getting ready for Halloween (Preparándonos para Halloween)


Xa queda moi pouquiño para halloween que é unha das nosas celebracións favoritas porque nos encanta todo o relacionado cos monstros, bruxas, esqueletes, morcegos,...(monsters, witches, skeletons, bats,...)
Pero necesitamos estar preparad@s e colocar as nosas "pumpkins" (cabazas) . Neste vídeo aparecen unhas indicacións moi claras de como preparar a nosa Jack o lantern ( a cabaza coa vela) para a festa e espantar aos monstros. 
Aos nenos e nenas lles gusta moito e pedagóxicamente é moi bo porque utiliza un inglés moi clariño e sinxelo e refórzaoo coa imaxe. Ademais é divertido.
Teredes mais novas de como nos estamos a preparar.

Do you know Incy Wincy? Coñeces a Incy Wincy?


E seguimos con entradas do blog adicadas aos mais pequeniños do CRA os/as de tres aniños ou casi. Iniciamonos con cancións sinxelas e con animaliños, que supoñen un éxito seguro. E qué mellor exemplo que Incy Wincy Spider. A araña Incy Wincy tenta subir por unha tubería pero como empeza a chover falla no seu intento e xa cando luce o sol, cumple co seu propósito.
Con esta "song" contamos as patiñas da araña e practicamos como expresar que chove e que vai sol. Vede como gozan visionándoa nas pantallas das aulas e como ata se animan a coloreala.



E por si queredes disfrutar dela na casa unha e outra vez aquí colgamos o vídeo.



Ata a próxima. See you soon!!!

Our first days of school



Xa levamos uns diíñas de curso e empezamos con moita ilusión. Durante as sesións de inglés utilizaremos a Monkey ( un mono de peluche que tan so fala in English) como elemento de motivación e para que nos axude a coñecer a súa lingua e mais aspectos da cultura dos países de fala inglesa (en especial Reino Unido).
Nas distintas sesións procurarei potenciar a capacidade de comprensión e expresión oral dos alumnos/as a través de xogos e cancións.
Durante estes días utilizamos a canción de Five Little Monkeys que nos sirve para contar en inglés cara diante e cara atrás ata cinco. Gozan moitísimo con ela.





Traballamos dun xeito participativo, procurando que disfruten escoitando historias en inglés, sen intentar entender cada palabra. Cada conto ou historia é seleccionado seguindo uns obxectivos e dentro do proxecto común de centro " The Whole Sea" (O mar enteiro). Como reforzo para adquirir novo vocabulario, completamos cada conto cunha canción casi sempre acompañada de movemento corporal. Deste xeito aprendemos dun modo lúdico e motivador. Tamén realizamos fichas, pero sempre como complemento ou reforzo do aprendido.
Cada alumno/a ten o seu propio ritmo de aprendizaxe e, ás veces tardan mais en falar, pero participan en todas as actividades cos seus compañeiros/as e necesitan mais tempo e seguridade.
Xa vos iremos comentando mais detalliños en novas entradas.


We are going back to school


As vacacións acabáronse e os nosos amigos Monkey e Cheeky están desexando voltar ás aulas e compartir experiencias con tod@s vós. Pasaron o verán pensando en novas cancións, xogos e historias coas que nos divertiremos aprendendo inglés. 

Xa nos queda moi pouquiño para vernos. Recordade que os nen@s de 5º e 6º de infantil precisades o libro Playschool A class book da editorial Oxford co ISBN 9780194734080. 

Vémonos o día 10! See you!

Summer holiday



As clases xa remataron e as vacacións xa están aquí. O noso terceiro trimestre foi curto pero intenso. Nel disfrutamos con cancións e contos nos que os protagonistas eran animais salvaxes, celebramos o cumpleanos de Cheeky Monkey e organizamos un picnic grazas o que aprendimos nomes de comidas e falamos de hábitos saudables, e ilustramos o conto de The Gruffalo da escritora Julia Donaldson que tanto nos gusta.












































Tamén realizamos as portadas das nosas carpetas.



Happy Holiday!


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...