Mi lista de blogs

New York, New York


Levamos xa algo mais dun curso aprendendo moitas cousas de distintos lugares do mundo grazas a Madlenka e os seus amigos, e xurdiunos a curiosidade de saber cómo é esa gran cidade onde ela vive chamada New York.
Así que ocurríusenos a idea de organizar unha viaxe ata aló para visitala (coa nosa imaxinación) e mans á obra.
Primeiro situamos Bergondo e New York no mapa e démonos conta de que ía ser unha longa viaxe na que teriamos que cruzar un océano e coller distintos tipos de transporte e mais preparar as nosas "suitcases".

  
Despois decidimos redactar unha nota pedíndolle ás nosas familias billetes de diferentes tipos de transporte e seleccionar os mais axeitados para a nosa viaxe.


As familias colaboraron con moito entusiasmo e os nenos e nenas amosaron os seus tickets aos compañeiros/as.

  
Manuel ensinounos o pasaporte da súa irmá e Hugo un libro que nos fascinou no que se ve un avión por dentro.
Decidimos que iamos coller un "bus" ata Alvedro airport e despois  "a plane" a New York.
Seguiremos panificando a nosa viaxe nas distintas escolas porque ir ata USA non é tan sinxelo, de momento deixamos esta cancionciña que estamos a aprender dun "aeroplane" e coa que disfrutamos moito.




Ainda nos queda facer os nosos "tickets, passports and suicase", temos moito traballo.
Ata a próxima entrada!

Merry Christmas!


Os últimos días de escola do 2013 andivemos moi atarefados preparando as portadas das nosas carpetas de "English Work". Nelas recollemos fichas sobor das cancións e traballo da aula e unha carta para as familias na que vos explicamos canto fixemos.




E este é o resultado final. Estamos moi orgullosos/as.



E que mellor xeito de felicitarvos as festas que con esta panxoliña interpretada polos nenos/as de Silvoso.



Merry Christmas a todos/as!!!!!!


Getting ready for Christmas




Christmas xa está ahí e levamos xa uns días preparándonos con ilusión para recibilo. Como o frío chegou sin avisar o ambientiño de Nadal era máis palpable. O noso cambio na vestimenta serviunos para practicar o nome dalgunhas prendas en inglés: hat, scarf, gloves e coat e expresións como "It´s cold". Vede como ata Cheeky quere probar a sensación de sentirse quentiño.


Os maiores de cada escola, recordáronlles aos máis pequenos as súas panxoliñas favoritas "in English" e estas resultaron ser Twinkle Twinkle Little Star e Jingle Bells. Podedes poñerllas cantas veces queirades. Non se cansarán de as escoitar.






E como non, a nosa amiga Peppa Pig axudounos a coñecer algúns dos elementos máis salientables do Nadal en inglés: Father Christmas, Christmas Tree, letter, present,...É unha moi boa maneira de practicar a comprensión oral noutra lingua e este capítulo fascínalles.



Os nenos e as nenas da escola de Lubre puxeron unha árbore "amazing" a que lle cantamos esta panxoliña tan apropiada: O Christmas Tree ( oh árbore de Nadal). Non nos sae nada mal, polo menos poñémoslle ganas. Graciñas a Alba por nos gravar, un bico!



Temos máis traballo e sorpresiñas para que disfrutedes de Christmas. Estade atentos/as!

Amazing Japan


Levamos uns diíñas traballando nas aulas do CRA a unidade da familia en inglés e que mellor eixo de motivación que a propia familia do noso amigo Cheeky. Xa coñeciamos  ao seu "brother" Monkey e agora tamén a Baby (the little one/o pequeniño).


Pero ademais, a semana pasada veu do Xapón "Japan" a súa curmá Maiumi.



 Con ela ampliamos os nosos coñecementos sobor deste pais tan fascinante. Ensinounos un libro precioso onde aparece un dos seus cadros favoritos do pintor xaponés Toyohara Chikanobu Woman playing with a kitten  (muller xogando cun gatiño) e propúxonos un reto: deseñar o noso propio kimono para a muller do cadro.






Para iso repasamos informacón sobor dos kimonos e pensamos no deseño do noso propio.


















E mans á obra. Vede que creatividade e colorido lle poñemos!







E o resultado final. Estamos orgullosos/as.



O Nadal está próximo e Maiumi compartiu connosco esta panxoliña que nos encanta "in English" Twinkle Twinkle little star e que nos amosou en xaponés. Non é doado cantala, dásenos mellor o inglés, pero quen sabe...somos capaces de todo.


More Halloween activities


A festividade de Halloween é un tema que lles apasiona e unha fonte inagotable de recursos e motivación. Cos maiores, por exemplo, xogamos ao aforcado co vocabulario típico desta data (witch, ghost, bat, ...) e practicamos así as letras e traballamos a construcción das palabras.



Tamén nos debuxamos cos nosos disfraces de Halloween.




Cos mais pequenos exercitamos técnicas plásticas como o picado e o pegado, ao tempo que aprendemos vocabulario en inglés.


E ademais visionamos historias de "witches" nos nosos encerados dixitais.



See you soon!

Halloween songs


O Halloween quedou atrás e xa nos estamos preparando para Christmas como quen di (ainda hai que agardar un pouquiño). Pero non queriamos deixar pasar a ocasión sin que disfrutarades das nosas cancións sobor de cabazas (pumpkins), esqueletes (skeletons), pantasmas (ghost) e bruxas (witches).
Mirade que medo nos dan os/as maiores de Guísamo cunha particular versión de Halloween is coming (xa ven o Samaín).




Por si queredes aprender este arrepiante tema velaí tedes a letra.



E tamén recordamos outros favoritos que xa aprenderamos o curso pasado de pumpkins...




e skeletons



Ata o próximo Halloween!

Witches




Acércase a noite de Halloween, trátase dunha celebración que lles encanta aos nenos e nenas porque lles permite conectar con ese mundo de fantasía cheo de bruxas, morcegos, esqueletes, cabazas,...mundo ao que en parte lle teñen algo de respeto, pero que lles atrae. É unha maneira de superar os seus medos e facerse maiores.
Nós estes días nas aulas, achegámonos ao marabilloso mundo das "witches" (bruxas) a través do conto Meg and Mog.


Con el practicamos vocabulario como: witch (bruxa), cat (gato), cauldron (pote), broomstick (basoira/escoba), magic potion (poción máxica),...
Presentamos as pesonaxes,visionamos a historia e contamos o conto. Fascínanos!!!




Por si queredes compartir o conto cos vos@s fill@s podedes velo neste vídeo.




Tamén coñecemos outros bonitos contos de witches:

































Con toda esta motivación estamos preparad@s para realizar as fichas do noso "book". Mirade con que ilusión as facemos!



Temos tamén cancións, xogos e moitas mais sorpresiñas reservadas, das que iredes tendo noticias en novas entradas. Halloween is about to come! Eu xa teño preparado o meu disfrace, recoñecédesme?



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...