Na entrada anterior presentamos unha canción para aprender o nome das "fruit" sacada dunha páxina web con multitude de recursos: dreamenglish.com. Nela descubrimos outra "song" que nos encantou (wake up/ a espertar) e que utilizamos para aprender a expresar en inglés cal son as nosas rutinas diarias "daily routines" para vir ao cole (espertar, lavar a cara, almorzar, peitearse, lavar os dentes e ir ao cole). Vede como escenificamos algúns exemplos.
Recoméndovos que poñades a canción unha e outra vez e vos animedes a escenificala e cantala cos vosos fill@s (algúns xa o fan "very good"), é un xeito magnífico de acompañalos no seu proceso de aprendizaxe e veredes que é ben pegadiza.